A ópera prima ‘A Ila das Mentiras’, de Paula Cons, foi seleccionada para participar en competición na 33 edición do festival chino Golden Rooster Awards, dentro da Sección Cine Extranxeiro, que se celebrará entre o 25 e o 28 de novembro na cidade de Xiamen, ao leste do país.

Este festival ten a particularidade de que en paralelo entréganse os prestixiosos premios do cine chino que levan o mesmo nome e que son popularmente coñecidos como os Óscar chineses ou premios dos expertos, porque son decididos por críticos de cine, cineastas e académicos.

A diferenza dos demias festivais chinos que se celebraron este ano, os Golden Rooster Awards recuperan a alfombra vermella e a cerimonia de entrega de premios.

Premier mundial

Precisamente ‘A illa das mentiras’ tivo a súa premier mundial noutro festival celebrado en China, como é o Festival Internacional de Cine de Shanghái (SIFF).

Continuando coa lista de festivais, recentemente participou no Spanish Film Festival, de Ámsterdam. Tamén se puido ver no Festival de San Sebastián (SSIFF) dentro da sección “Made in Spain”. Asimesmo foi seleccionada para participar na Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), onde a súa directora, Paula Cons, recibiu o premio Xacobeo á mellor produción galega do festival. Por último, tamén inaugurou o Festival de Cans, en Galicia.

Nos vindeiros días poderase ver no Festival Internacional de Cine de Almería, FICAL.

Actualmente a ‘Illa das mentiras’ encara a súa septima semana en cines en Galicia, en ocasións colgando o cártel de entradas esgotadas.

?A illa das mentiras’ xa fixo a súa estrea en Filmin o pasado 24 de xullo en Filmin e foi o título máis visto na plataforma na súa primeira fin de semana de estrea e un dos tres máis vistos no mes de agosto. Actualmente leva máis de 40.000 espectadores.

‘A illa das mentiras’ está dirixida por Paula Cons e protagonizada por Nerea Barros, Darío Grandinetti, Aitor Luna, Victoria Teijeiro e Ana Oca. A película está inspirada en feitos reais, concretamente no afundimento do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da Illa de Sálvora (Pontevedra) en 1921, que con 260 persoas a bordo, afundiu fronte á dura costa da illa de Sálvora, en Galicia. A falta de homes na illa tres mulleres, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán ben caro.