Un documental da TVG sobre discapacidade, premiado polas canles rexionais europeas
Redacción | Vigo
Unha produción da Televisión de Galicia (TVG) acaba de ser recoñecida cun novo premio europeo. O documental 'Máis ca vida', dirixido polo galego Rubén Riós, foi destacado coa mención especial dos premios europeos Prix Circom na categoría 'Minorías en sociedade', segundo anunciou onte Circom Regional, a Asociación Europea de Televisións Públicas Rexionais.
O documental 'Máis ca vida' forma parte dun proxecto audiovisual que busca romper barreiras e estereotipos. Cunha duración de case 50 minutos, este traballo xorde da gravación dunha curtametraxe en Ourense, que conta cun grupo de persoas con discapacidade intelectual como protagonistas e coa colaboración dun elenco de actores coñecidos como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera e Luís Iglesia. Este documental, producido por Claqueta Coqueta e participado pola canle autonómica galega, foi estreado na canle pública galega o pasado mes de marzo.
O xurado dos Prix Circom, no que participa unha trintena de países, destacou de 'Máis ca vida' que se trata "dunha experiencia cativadora, unha idea orixinal e interesante; emocionante e tecnicamente moi boa".
'Máis ca vida' construíuse con testemuñas reais do día a día que rodea as persoas con algún tipo de discapacidade e plasma en imaxes os momentos de ensaio aos que tiveron que enfrontarse de cara á rodaxe, cos seus medos, ledicias, interrogantes, dificultades, fatigas e sentimentos. Desta obra nace o método 'Máis ca vida', creado por Riós, que utiliza o audiovisual como ferramenta de inclusión con persoas en vulnerabilidade ou risco de exclusión social.
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Sorpresón en Pasapalabra: Rosa gana el rosco y se lleva el premio
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- Las primeras trabajadoras idearon el nombre de Zara para aprovechar un rótulo ya fabricado
- Si tengo el ácido úrico alto, ¿qué debo comer, y que no, para bajarlo rápidamente?
- Hallan semen de tres varones distintos en el caso de la violación de San Campio de Porriño
- La desconocida playa de la ría de Vigo que estrena bandera azul este verano: está a un paso del centro urbano