Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A dura faena nun arrastreiro

A TVG coñece a vida dos tripulantes do "Alba Mar" nunha semana de pesca gris

"A vida emerxendo pola popa" é a segunda parte, hoxe, do traballo de "Ribeiras de salitre" nesta embarcación -Rivadulla falará co patrón e os mariñeiros do barco

X.H. Rivadulla fala con Moncho Tojeiro, patrón do arrastreiro "Alba Mar". // FdV

O traballo e a vida dos mariñeiros abordo dos barcos. Como se realiza cada traballo nas distintas artes de pesca, pero con especial interese en como é a vida a bordo dos barcos e como son as historias persoais de cada mariñeiro que forma parte da tripulación dun barco. Este é o contido de "Alba Mar. A vida emerxendo pola popa (II)", segunda parte adicada a vida a bordo deste arrastreiro galego.

Dende a producción do espazo da TVG explican que no programa de hoxe, as 11.00 horas, "seguimos abordo do 'Alba Mar' para coñecer ao resto da tripulación".

"No barco levan xa unha semana enteira de pesca, os resultados non foron tan bos como se esperaba, así que na xornada de hoxe hai que buscar novas zonas onde largar o aparello. O patrón de pesca Moncho Tojeiro decide unha nova zona onde intentalo, pero sen saír dos límites do mar de María Antonia. Hoxe os homes traballan cunha moderada alegría porque é o último día da semana, pero se nos lances desta xornada segue sen vir peixe abundante pode que a alegría se vexa un pouco embazada. Pero hai que confiar. O día da sinais positivas, o tempo acompaña, despexouse a néboa da xornada anterior e o mar está en calma, o que posibilita que a tripulación poda traballar con tranquilidade. Van facer o primeiro lance a trece millas do porto da Coruña", explican os responsables do programa.

"Moncho Tojeiro, o patrón de pesca, coñece moi ben este mar e saberá onde largar o aparello, onde o peixe se agocha. Decide largar unha rede distinta na que se pode coller xurelo e xarda, pode que con estas especies haxa máis sorte. Mentres navegamos Moncho vai lembrando con nós os tempos en que traballou no Gran Sol, foron os seus inicios da súa vida no mar. E lembra a diferentes patróns cos que traballou, como o patrón da Coruña Serafín Mourelle, e síntese admirador daqueles patróns que saían ao mar sen practicamente ningún instrumental a bordo", suliñanna TVG.

"Embarcados" é unha produción encargada polo canal autonómico a Producións Celta. Cunha duración de 60 minutos e emisión semanal, que está dirixida e presentada por X. H. Rivadulla Corcón.

No programa de hoxe, continúan desde 'Ribeiras de salitre' , "coñecermos ao xefe de maquinas Gervasio Sambad, un mariñeiro con moitos anos de mar, que empezou ao mar moi novo na vila de Muxía, onde naceu. Gervasio pertence a unha familia de longa tradición mariñeira, moi coñecida na Costa da Morte. Sempre tiveron barco na casa, pero despois de retirarse o pai, cada fillo foi embarcando noutros barcos. As súas orixes foron de palangreiro, pero coméntanos que se adaptou ben á arte do arrastre. E como é o xefe de maquinas falamos das características do motor".

Os arrastreiros precisan motores moi potentes e o do "Alba Mar" ten 500 cabalos de potencia.

'Ribeiras de salitre' tamén profundiza na labor do mariñeiro Daniel Cruz, un experto nos traballos en cuberta, que traballou no Gran Sol, e de Suso López, o cociñeiro de abordo, nado en Vigo é home de personalidade moi singular, que fai unha cociña de cinco garfos.

O equipo do programa está dirixido por X. H. Rivadulla Corcón, tamén guionista.

Compartir el artículo

stats