Despois protagonizar hai uns días un divertido momento 'Lost in traslation' cos Javis, Sabela viviu un onte na Academia de Operación Triunfo un episodio aguado de morriña lingüística que non pasou inadvertido nas redes sociais.

A cantante estaba xunta a outros dous compañeiros no sofá cando se dirixiu a súa nai -talvez na esperanza de que a estivese a ver na retransmisión en directo- para dicirlle o moito que lle gustan as zapatillas que lle mercou. Pronunciou a frase en castelán en logo engadiu: "Qué raro hablarle a mi madre en castellano. Mamá, encántanme estas zapatillas que me compraches". O seu compañeiro de Academia repetiu esa última palabra intentando imitar o acento galego, con éxito discutible.

Logo diso, Sabela manifestou a súa morriña lingüística. "Teño moitas ganas de falar galego. Levo dous meses e xa me sinto rara. Vou falar galego todo o rato (sic)". A cantante, que nos últimos días tense convertido na favorita da edición, estivo a piques de quedar fóra de Operación Triunfo nas primeiras semanas. Daquela, elixiu unha canción no seu idioma, de Rosa Cedrón, para salvar a súa participación no concurso.