Xhamain presenta en Vigo o seu primeiro disco, que mestura a tradición galega con metal gótico e sinfónico
O concerto de estrea de 'Na Alma' será este venres na sala Master

Xhamain, nunha imaxe promocional
A. L.
Máis propostas desde Vigo que mesturan a música tradicional galega con xéneros, a priori, en coordeadas moi afastadas. Se BATEA, finalista no concurso de novos proxectos do Festival de Ortigueira, apostan por utilizar o rock como base, Xhamain parten de estilos máis extremos, coma o metal gótico e sinfónico. Presentan este venres, na sala Master, o se primeiro disco, Na Alma.
As entradas para o concerto, que empezará ás 21:30, poden mercarse por 8 euros anticipadas e por 10 xa na sala viguesa. Estarán acompañados polos tamén vigueses Losto Kinsky e as súas versións traducidas ó galego dos mellores himnos do rock de todos os tempos.
"Gaitas electrónicas e guitarras distorsionadas, voces delicadas e cheas de enerxía, letras sensibles e desgarradoras. Un contraste de emocións nun estilo único e cautivador", explican os propios Xhamain sobre os elementos que configuran a súa proposta.
Na Alma, álbum masterizado polo mundialmente coñecido enxeñeiro Tony Lindgren, é o primeiro dunha triloxía xa totalmente escrita chamada No Ser, na que xa se está traballando para a súa segunda parte. A previsión é lanzala nos próximos meses.
- Un vigués gana a su comunidad: le pagan íntegra una nueva galería aunque la deteriorada tenía 30 años
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Dieta cetogénica y cáncer: ¿qué dice la ciencia?
- El truco para ahorrar más de 300 euros al año en la AP-9
- National Geographic señala esta ciudad gallega como uno de los mejores destinos para celebrar los 50 años
- Stellantis cierra la planta de Luton y hará crecer a la «hermana» británica de Balaídos
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- Detenido el concejal del PSOE de Cangas, Eugenio González, por supuesta usurpación de estado civil en una solicitud de baja de un vado