Idades recomendada: +12 anos

Duración: 50 min

SINOPSE:

Miragres é un espectáculo sobre as Cantigas de Santa María de Alfonso X representado por una compañía de moinantes con monicreques e música en directo.

Un total de once pezas, unha cantiga de loor, e dez milagres ou feitos extraordinarios, que acontecen con mediación divina de Santa María.

Por primeira vez contemplaremos a Santa María obrar os milagres da man dos monicreques cunha estética baseada nas magníficas miniaturas que acompañan ás cantigas nos libros orixinais.

Para conseguir un mellor seguimento das accións, as músicas foron arranxadas rebaixando os ornamentos e suprimindo retrousos, achegándoas aos romances populares.