A concelleira de Comercio e Mercado, Ana María Núñez, era a responsable de dar os datos da XXIV Feira de Artesanía se vai celebrar dende este sábado 14 de maio e até o martes 17 na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello e San Fernando. Serán unha trintena de persoas artesáns de toda Galicia as que participarán durante catro días nesta iniciativa realizada en colaboración coa Asociación de Artesáns de Galicia. Precisamente o seu presidente José Manuel Salvado agradecía ao Concello de Tui “a aposta pola artesanía de calidade, e tratamos de que a oferta da feira sexa da maior calidade posible, todos os obradoiros está inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía” e engadía que “estamos encantados de poder compartir esta actividade cos libreiros”.

Así nos diferentes postos poderemos atopar xoiería, carpintería, marroquinería, ourivaría, cestería, encaixe, instrumentos musicais, xoguetes, complementos de moda…. A artesanía local estará presente nos postos de catro persoas artesáns de Tui, ás que se sumarán a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño que estará palillando na rúa Ordóñez.

E tamén algúns dos artesáns e artesáns estarán durante estes días realizando os seus produtos na feira e ofertarán obradoiros para o público. Cómpre destacar que na praza do Concello, en colaboración coa Fundación Artesanía de Galicia, haberá sete obradoiros e demostracións de oficios durante a feira.

Amais Cucapuntoes realizará obradoiros de ganchillo nos que os participantes poderán elaborar unha funda de móbil, un bolso de rede, ou marcapáxinas de bolboreta. É recomendable inscribirse previamente en salomefmoldes@gmail.com, xa que as prazas son limitadas.

Non faltarán tampouco as actividades de animación co grupo Seixos Albos de Areas (sábado ás 12.30 h ), O Mosteiro de Pexegueiro (sábado ás 19 h), Santa Columba de Ribadelouro (domingo ás 12.30 h), A Insua de Caldelas (domingo ás 19 h) e as pandereteiras da Asociación Cultural San Telmo (martes ás 19.30 h ). A gastronomía estará presente nestes días cun posto de cervexa artesá con Menduíña (sábado), Meiga (domingo) e Trisk-Ale (luns e martes), e coa empanadillas artesás de Vionkas Bake.

Do sábado 14 ao martes 17 na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello e de San Fernando

- Trinta postos de exposición e venda de artesanía

- Horario da Feira

o Sábado 14 de 12 a 22 h

 Ás 12.30 h Seixos Albos de

 Ás 19.00 O Mosteiro de Pexegueiro

o Domingo 15 de 11 a 22 h

 Ás 12.30 h Santa Columba de Ribadelouro

 Ás 19.00 h A Insua de Caldelas

o Luns 16 de 12 a 22 h

o Martes 17 de 11 a 22 h

 Ás 19.30 h pandereteiras da Asociación Cultural San Telmo

- Talleres artesanais gratuítos e demostracións de oficios na praza do Concello

- Talleres artesanais de agulla de gancho a cargo do obradoiro Cucapuntoes.

- Sábado 14 ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de funda de móbil.

- Domingo 15 ás 11:00 e ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de bolso de rede.

- Luns 16 ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de funda de móbil

- Martes ás 11:00 e ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de marcapáxinas de

Bolboreta.

- Inscricions en salomefmoldes@gmail.com. Prazas limitadas