Xurxo Estévez chega co seu trío á Casa de Arriba para facer vibrar ao público cun concerto de jazz enérxico e potente, dese que fai mover os pés. Ven acompañado do pianista vigues Sunil López e do batería madrileño Dani Pimen, dous colegas cos que xa compartiu escenario en varias ocasións. O repertorio que presentan está composto por temas orixinais do contrabaixista, gran fanático do blues e o Hard Bop, así como arranxos de standarts clásicos.