Escolma de vinteseis pezas procedentes da colección de Manuel Losada e Xabier Maañón mostra da riqueza do artesanato portugués.
Recolle obras en diferentes materiais, predominando as pezas cerámicas saídas
das máns de recoñecidos barristas portugueses.
A temática, centrada nos celebrados Santos Populares ou Santos de xuño en Portugal, remítenos a unha tradición de grande sincretismo, común ás culturas galega e portuguesa, que reflicte unha complexa espiritualidade de remota orixe, evidente no culto a elementos naturais mesturados con iconografía propia da tradición católica.