Espectáculo de circo-teatro "Só" da man de Xampatito Pato. Un espectáculo que ten recibido numerosos galardóns, entre eles o 2º Premio Panorma Circada 2019, e o Premio do Público do Festival Malabharía 2020.

"Só" achéganos a historia dun personaxe, único na súa especia, obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Pero está rodeado de caixas que escapan do seu control polo que xoga con elas para darlles forma. Do caos de partida xorde un universo onde se inventa a risa, e se crea unha loucura cómica, que se transforma nun novo ser, cunha nova figura.

Idea orixinal: Jesús Velasco

Dirección: Arturo Cobas

Elenco: Jesús Velasco

Vestiario: Alicia Tojo

Escenografía: Cruz Velasco Pajares e Jesús Velasco

Fotografía: Leticia Martiño e Sol Álvarez

Deseño de iluminación: Flavia Mayans e Javier Lemus

Deseño gráfico: Brer Ballesteros

Vídeo: Malala Ricoy

Duración: 50 minutos.