Se este ano foi bo, o 2024 será aínda mellor! O primeiro gran momento deste ano que comeza en breve será a presentación do novo disco de XACKAL

@xa_ckal describe «VEN FORTE, BEN FORTE» como un menú degustación dun chef temerario. Unha mestura de sabores: indiepop, funk, jazz, organichouse, folktronica e worldmusic. O sábado 20.01 estás convidado á presentación para experimentar e gozar de novos sons.

Primeiro concerto da Sala Rebullón 2024 e primeira oportunidade do ano para gozar de proxectos musicais innovadores e singulares. Non faltedes á cita con Xackal! ????