Virxilio da Silva: Guitarra
Alex Salgueiro: Órgano Hammond
Chus Pazos: Batería
O guitarrista galego Virxilio da Silva comeza a súa formación no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Posteriormente licénciase na ESMAE de Oporto, e cursa mais recentemente estudos de Master no Conservatorium van Amsterdam. Conta cunha ampla traxectoria artística a nivel nacional e internacional e ten participado en máis de corenta referencias discográficas entre proxectos propios e colaboracións.
Actualmente, centra a súa actividade como líder e colíder de diferentes proxectos de natureza moi diversa entre os que destacan Juzz, Loiros, Fuzzo ou The Manueles, e mantense como sempre moi activo como sideman para outros artistas. Vennos presentar este martes na Casa de Arriba o seu lado máis intimista e jazzeiro, acompañado por dous inseparables compañeiros de múltiples aventuras: Álex Salgueiro (Hammond) e Chus Pazos (batería). O trío interpretará un repertorio de standars de jazz escollido especialmente para a ocasión que servirá de introdución para habitual jam session do clube vigués.