Nesta nova produción, Iron Skulls Co continúa desenvolvendo a súa máis que diverxente e ecléctica linguaxe do movemento. No seu interese pola enerxía negativa, a compañía incorpora na súa dramaturxia este detalle tan característico, aínda que neste traballo amose un estilo moi distinguido respecto a aquel de espectáculos previos. Inspirado no 400 aniversario da morte de Cervantes (1616), o espectáculo céntrase no contexto sociocultural do escritor. A compañía atopa a inspiración na grande diversidade de culturas que influíron a Cervantes, tanto como escritor, como soldado. O soldado non pode loitar e redirecciona a súa paixón na procura como escritor, sendo exemplo na transformación da enerxía negativa en arte.