Adulto

Compañía: Exire

Xénero: danza contemporánea

Autoría: Aracaladanza

Autoría, dirección e coreografía:

Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez

Asesoramento coreográfico: Armando Martén

Deseño de son e música: María Move e Raúl Grillo

Deseño de iluminación: RTA

Elenco artístico: Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez

Falamos de volver a nós, de sentirnos como almas ceibes destinadas a transmitir historias, viaxes de vida, a nos mover entre murmurios, mais sen medo de nos enfrontar co que non queremos.

Seguimos os nosos instintos, ouveamos para recoñecérmonos e uliscamos a mesma pegada para seguir o camiño desexado.

Somos elas e elas nós.