+13 anos

Compañía: Producións Teatráis Excéntricas

Xénero: teatro comedia

Autoría: William Shakespeare

Dirección e adaptación: Quico Cadaval

Escenografía e vestiario: Suso Montero

Deseño de son e música: Bernardo Martínez

Deseño de iluminación: Dani Juncal

Elenco artístico: Melania Cruz, Evaristo Calvo, Patricia

Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay,

Víctor Mosqueira.

Tres nominacións a Mellor Actor

Secundario nos Premios María Casares

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais.

Cae a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xove de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a súa irmá monxa, a abandonar o convento por tres días coa

tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán.

Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a súa brancura virxinal.

Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na súa carreira contra a morte.

Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecíbel baixo o hábito de frade mendicante.