Compañía: Conpanhia do Chapitô

Xénero: teatro comedia

Autoría: creación colectiva a partir da obra de W. Shakespeare

Dirección: José Carlos García, Claudia Novoa e Tiago Viegas

Deseño de iluminación: José Carlos García

Vestiario: Teresa Machado

Elenco artístico: Jorge Cruz, Susana Nunes, Tiego

Viegas/Ramón de los Santos e Patricia Úbeda

A familia Hamlet ten o pracer de convidarlles ás tres cerimonias que se celebrarán ao longo do día:

· O funeral do defunto que terá lugar no arquivo dos mortos.

· O matrimonio da viúva do defunto, no salón nobre.

· E a toma de posesión do noivo da viúva do defunto, no ático.

E como entretemento... unha lectura escenificada e, moi posiblemente un duelo, quen sabe se mortal!

A ver...

Pídese vir de etiqueta.