Compañía: Elefante Elegante

Xénero: teatro musical

Autoría e escenografía: Gonçalo Guerreiro

Dirección: María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez

Deseño de son:

Gonçalo Guerreiro, Mighelón Paz e Nacho Martín

Deseño de iluminación: Germán Gundín

Vestiario: Diego Valeiras

Música: Miguel Paz, Gonçalo Guerreiro e Nacho Martín

Elenco artístico: María Torres, Gonçalo Guerreiro, Marta

Alonso, Nacho Martín e Miguel Paz

DREAMING JULIET inspírase en "Romeo e Xulieta" de William Shakespeare para tratar a cuestión máis esencial da existencia humana: o Amor.

Cunha linguaxe visual asentada no teatro de movemento, na música interpretada en directo e na danza, DREAMING JULIET crea unha poética

universal da paixón.

Na peza do dramaturgo inglés os protagonistas viven un amor prohibido e idealizado, condenado pola familia de ambos. A súa intensa relación ten

unha curta duración e un funesto final.

Mais imaxinemos que Romeo e Xulieta non tivesen morrido e que o principal obstáculo á súa relación non fose a oposición das súas familias senón as adversidades das rutinas do mundo contemporáneo.

Cales serían os soños de Xulieta? En que tipo de home se transformaría Romeo? Que lugar nas súas vidas ficaría dispoñible para o amor?