· Premio FETEN 2019

· Premio Lorca ao Mellor Espectáculo de Circo 2019

· 3 Premios PACA do Circo Andaluz 2019

· Primeiro Premio do Público e do Xurado en Aranda del Duero

· Premio Festival Lunathica (Italia)

· Premio Festival Sul Circo (Italia)

Compañía: Vol'e Temps

Xénero: circo

Autoría: Lapso Producciones

e Vol'e Temps

Dirección: Lapso Producciones

Escenografía: Carlos Monzón

Deseño de son: Lapso Producciones e Oskar Vizcaíno

Deseño de iluminación: Almudena Oneto

Vestiario: Saray Angulo

Música: Daniel Maldonado "Sam"

Coreografía: Sara Órtiz e Albert Moncunill

Elenco artístico: Sara Órtiz e Albert Moncunill Ferrer

Música: Daniel Maldonado "Sam"

Un pacto, un código secreto, unha cápsula do tempo, unha promesa...

Dentro de vinte anos, no mesmo sitio, á mesa hora.

A vella casa da árbore onde os dous amigos compartían as súas tardes de ocio entre xogos, risas, fantasías e complicidade. O tempo pasa e a distancia é inevitable pero non ten que supor o esquecemento.

Como dicía a canción, vinte anos non é nada...

E estes dous personaxes atoparon a forma de poder seguir xuntos na distancia aínda que a vida os leve por camiños diferentes.

Distans é unha viaxe a través das emocións, nun espazo visual e sonoro que envolve escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido.

Unha obra que fala da amizade, dos recordos que seguen vivos nos nosos corazóns máis aló dos anos.

Fala da fraxilidade do ser humano, da ruptura, da soidade, e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.