+4 anos

Compañía: Luna Teatro Danza

Xénero: teatro monicreques

Autoría: Pablo Vergne, a partir do conto clásico

Dirección e adaptación: Pablo Vergne

Escenografía: Ana Iturrate

Deseño de son e música: Sebastián Merlín

Deseño de iluminación: Ricardo Vergne

Vestiario: Marcos Tomás Caravia

Coreografía: Alba Vergne

Coreografía: Alba Vergne

Branca Neves vese empurrada a fuxir do palacio perseguida pola furia envexosa da madrastra.

Na súa fuxida deberá atravesar un bosque inhóspito.

Os animais salvaxes que se cruzan no seu camiño non lle fan dano e protéxena de todo mal. Máis tarde é acollida por uns ananos que lle ofrecen protección a cambio de que realice as tarefas do fogar.

Obrigadas polas circunstancias acepta a de mala gana ese acordo. Pero no seu corazón segue latindo o recordo do bosque, onde a natureza crece libre e salvaxe. Enganada por unha bruxa, proba unha mazá

envelenada e cae nun soño mortal.

Príncipes de todo o mundo acoden a despertala cun bico, pero ningún o consegue porque en realidade non existen príncipes azuis que salven a mulleres durmidas. Ante o sono mortal de Branca Neves todo o bosque vese sumido nunha profunda tristeza.

Os paxaros deixan de cantar, os lobos de ouvear, os cervos de bramar. Finalmente Branca Neves sálvase a si mesma e ao espertar comeza a danzar, a danza da vida baixo a lúa chea.

Un espectáculo de teatro de monicreques partindo do conto clásico que combina o poético e o cómico recorrendo a variadas linguaxes escénicas como a danza, as máscaras, os monicreques, a música e o

teatro de obxectos.

A dramaturxia e á súa vez, sorprende dando xiros inesperados ao conto clásico de xeito cómico e con humor, pero sempre cun toque poético.

A plástica xunto co espazo sonoro están cargados de simboloxía que tocan as emocións do espectador xerando atmosferas variadas e contrastadas.