Mevadeus

Xénero: teatro xestual

Autoría: Mevadeus

Dirección: Alba Rodríguez Villar

Coreografía: Mevadeus

Escenografía e deseño de iluminación: As dúas en punto

Deseño de son: Brais Pombo, Inés Santos, Mara Neira e Bal Castro

Vestiario: As dúas en punto

Música: Mevadeus

Elenco artístico: Bal Castro, Mara Neira, Inés Santos e Brais Pombo

Segundo a Real Academia Galega: Outrora adverbio

1.Hai tempo, antes.

2.Noutro momento.

Catro xoves, pertencentes á xeración Z, fan unha viaxe entre pasado e presente coa premisa de saber: Quen seríamos nós outrora nós?

O amor e a tradición son o fío condutor desta experiencia escénica que se pregunta de que maneira o desexo de amar e ser amados nos forma, nos conforma ou nos deforma.

Unha mocidade que se atopa para descubrir respostas sobre a identidade tendo a valentía de cuestionar quen son e cara a onde van co desexo de evitar os erros dun pasado que aínda nos pertence.