Ghazafelhos

Xénero: teatro comedia

Autoría e dirección: Pepablo Patinho

Escenografía, deseño de son, deseño de iluminación, vestiario e música: Ghazafelhos

Elenco artístico: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

Amelia é unha nena do rural que vai á escola.

Encántanlle a cultura oriental, o karate, o Kung Fu, o Jiu Jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan... e soña don ser Ninja!!! Adestra todos os días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha auténtica Ninja... Grazas a esa condición descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser Ninjas, senón, para que outros nenos e nenas non abusen deles. Coa axuda de Amelia e o señor Edelmiro, un velliño ao que Amelia acode a buscar consello, conseguirán que os nenos inadvertidos se fagan visíbeis e cambien as tornas na escola.

Ninja é unha obra lúdica e pedagóxica onde se trata o tema do acoso escolar. A través dunha historia divertida e chea de frases filosóficas sobre a tolerancia, o respecto, a diversidades, amosa o máis importante para resolver un problema: visualizalo..