DA. TE Danza

Xénero: danza

Autoría: Omar Meza, Concha Villarubia e Lola Fernández de Sevilla

Dirección e coreografía: Omar Meza

Adaptación: Lola Fernández de Sevilla

Escenografía: DA.TE Danza

Deseño de son e música: Jesús Fernández e David Campodarve

Deseño de iluminación: Aitor Palomo

Vestiario: Laura León

Elenco artístico: Raúl Durán e Ma José Casado

Cada persoa brilla con luz propia entre todas as demais. Dous amigos, dous cómplices atópanse nunha sala de xogos. Descobren que hai auga, lume, vento e terra ordenados e á súa enteira disposición. Unha sala de xogos pode ser unha praia, un deserto, o mar... E tamén... cando estamos sós, poden ser moitos mundos.

Atopan moita terra, moita sal coa que debuxar no chan mentres cantan e reflexionan sobre a onde van as cousas que desaparecen. En realidade, nada desaparece, todo se transforma, coma os trazos que debuxan coa sal e as súas mans, da que xurde a danza. As cousas que desaparecen están agardándonos. Conversan sobre o mundo e as persoas, que son como lumes grandes, pequenos e de todas as cores. Dialogan coa

palabra e tamén cos seus corpos no espacio.

Natanam significa “danza” en sánscrito. E ese é o punto de partida: un espazo e un tempo de sensacións a partir da pureza da danza.

Natanam é unha aprendizaxe do camiño cara á alegría que produce o desapego.