Eme2 Emoción&Arte e Ajidanha

Xénero: teatro comedia

Autoría e dirección: José C. García

Escenografía e vestiario: colectivo

Deseño de son e música: Cadeira d’Avó

Deseño de iluminación: Bruno Esteves

Elenco artístico: Nuria Cuadrado e Pedro Diogo

Os artefactos da epopea funcionan como pretexto dramatúrxico á investigación histórica, etnográfica e performática, nun proceso de relectura en paralelo ás realidades contemporáneas.

Magallanes y El Cano é tamén unha viaxe poética e existencial destes homes, polo coñecemento e pola comunicación entre as diferentes culturas, de viaxeiros que parten e regresan.

É a exploración dunha herdanza identitaria nos seus códigos e linguaxes globais. É unha viaxe de vicisitudes, de enfrontamentos, de tentativas sucesorias, coñecer o descoñecido, de soños e de medos, de encontro coa humanidade.