Galitoon

Xénero: teatro

Autoría: Andrea Bayer

Dirección: Chisco Casteleiro

Escenografía: Galitoon

Deseño de son e iluminación: Javier Vega

Vestiario: Lola Gómez

Música: Xosé Liz e Elena Paz

Elenco artístico: Raquel Queizás, Chisco Casteleiro, Jona García, Rubén Mira

Obra multipremiada a nivel nacional e emblemática do selo característico de Galitoon, caracterizado por unha plasticidade televisiva e cinematográfica propia da escola norteamericana de Jim Henson.

Espectáculo de técnica mixta na que se mesturan o teatro de actor con body puppets (monicreques xigantes), muppets (monicreques de medio porte) e teatro de luz negra, pra crear unha historia cuxa trama e ritmo son os propios dos contos clásicos de aventuras.

Conta a historia de Lara, unha nena vaidosa, e do seu amigo Bunka, un gorila inxenuo encargado de coidar a única nube que hai en Golulá. Un día, o malvado doutor Terrier decide roubar a nube, obrigando a Lara e Bunka a facer unha viaxe chea de perigos e personaxes fantásticas.

· Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na 10a Feira de Teatro de Castela e León.

· Premio ao Mellor Espectáculo Innovador na 24a MIT de Ribadavia