Primera Toma - Crémilo

Xénero: Teatro

Autoría e dirección: Jose Padilla

Escenografía: Príamo

Deseño de son e música: Alberto Granado

Deseño de iluminación: Pau Fullana

Vestiario: Anna Fajardo

Elenco artístico: Fran Cantos/Pedro Rubio, María Rivera/Mercedes Borges, Ninton Sánchez e Ana Varela.

Unha mañá aparece fronte a porta do instituto unha pintada: “Golfa”, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede.

Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tería relevancia si inmediatamente despois desta ruptura Amanda non sufrira un terrible acoso virtual que leva os seus pais a denunciar a posible autoría de Fran.

Ata que non se aclaren os feitos a dirección do instituto decide apartar a Fran das clases.

Todo se revoluciona cando a nai de Fran, Vicky, aparece na porta de entrada do instituto e insulta gravemente a Amanda utilizando unha palabra moi concreta: Golfa. Xusto unha semana despois aparece ben visible o graffitti onde comeza a nosa historia.

Conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Premio 4a EDICIÓN FESTIVAL TERRITORIO VIOLETA.