Amor Producciones

Xénero: teatro contemporáneo

Autoría: Anna Jordan

Dirección e produción executiva: Paula Amor

Dirección de produción: Rosel Murillo Lechuga

Iluminación e escenografía: Antiel Jiménez

Deseño de son: Paula Amor e Antiel Jiménez

Vestiario: Daniel Torres

Axudante de dirección: Marta Matute

Elenco artístico: Lorena López e Lara Serrano

En agosto de 2014, a londiniense Anna Jordan, unha das dramaturgas e directoras escénicas europeas máis importantes dos últimos tempos, estreaba a súa obra Freak no prestixioso Festival de Edimburgo. Seis anos despois, esta peza de teatro social sobre a feminidade e a autoimaxe, que bebe directamente do teatro social, converteuse nun texto de referencia internacional pola súa maneira de abordar a sexualidade, entre o humor e a desesperanza.

Freak é un texto de Anna Jordan. Un acto íntimo onde dúas mulleres comparten imaxes co espectador. Por que empurrarnos para chegar a ser algo que non queremos? Por que aceptamos situacións cando o que queremos é fuxir? Que ten que ocorrer para poñer límites? Freak, dirixida por Paula Amor, fala de como loitar sobre algo que xa está establecido. Fala do vacío de non recoñecerse a unha mesma fronte ao exterior. De

querer saír pero, en cambio, avanzar sen control.