· 100o aniversario do nacemento de María Casares

A Quinta do Cuadrante e Ainé Producións

Xénero: teatro

Autoría: Marianella Morena

Dirección: Tito Asorey

Escenografía e deseño de iluminación: Laura Iturralde

Deseño de son: Santi Jul

Vestiario: Yaiza Pinillos

Música: Vadim Yukhenevich

Elenco artístico: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich

Realizar un espectáculo sobre María Casares era algo que tanto o director Tito Asorey como a actriz Melania Cruz tiñan en mente desde hai máis dunha década. As circunstancias, tanto vitais como de produción, fixeron que deran o paso neste momento, no 100o aniversario do seu nacemento, sabedores de que sería óptimo para que fose recibida a súa proposta coa atención axeitada.

Esta montaxe pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, achegándoa ao público, á vez que se vale da súa figura para falar da propia condición dos artistas nun mundo en continuo cambio, analizando escenicamente as nosas contradicións como país e como sociedade.

María Casares preséntasenos como un continente que ansiamos percorrer, establecendo unha cartografía emocional en base ás súas vivencias, pensamentos e recordos, viaxando a través dun diálogo entre o presente e o pasado para tratar de entendernos mellor como seres humanos creadores e habitantes dun mundo no que non hai tantos anos, os exiliados eramos os propios españois.