+6 años

[LA GATA JAPONESA]

Autoría, escenografía e vestiario: Elena Vives Espejo-Saavedra

Dirección: Lucas Escobedo

Deseño de son e música: Proyecto Voltaire

Deseño de iluminación: Carlos Cremades Mendi

Elenco artístico: Elena Vives

Bowa, nómade orfa de raíces e soños, un día atopou unha botella na beira do mar. No seu interior hai unha mensaxe e algo a impulsa á procura do seu

destinatario. O camiño é tan rico que se converte case nunha obsesión.

Horas de agarda e quilómetros de procura para facer chegar ao seu destino centos de mensaxes que navegaron encerrados no cristal brillante dalgunha

botella.

Unha mensaxe levouna xusto a ese lugar, no que agarda atoparse con alguén que lanzou unha mensaxe ao mar agardando que chegase de volta.

Esta persoa non aparecerá, pero algo especial ten ese lugar, algo familiar, algo tan estraño para ela como a calor dun fogar.

E lerá unha nova mensaxe. Esta escrita polo mar, ese vello sabio, testemuña das súas fazañas e consciente das súas ausencias. É o mar que guiou os seus pasos ata alí, é nese lugar onde as ás de Bowa atoparán terra para ancorar as súas raíces.

Este espectáculo transita por distintos estados emocionais da personaxe, que se apoian nunha linguaxe circense multidisciplinar: efectos de maxia, que xorden dunha forma accidental, reforzando a peculiaridade dese espazo. Desenvolvemento

dunha investigación sobre as botellas: manipulación, equilibrios e desmitificación do obxecto, facéndoo personaxe, escenografía, ou mero elemento de apoio.

Acrobacia aérea, de carga técnica, pero desenvolvido de xeito orgánico e coherente e, por suposto, humor e poesía como elementos transversais.