Até o 29 deste mes de novembro pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición dos traballos gañadores e participantes no sexto concurso de pintura rápida Pinta Tui.

O certame celebrouse o pasado domingo, 7 de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, coa colaboración do Concello de Tui e outras entidades do municipio.

Unha trintena de persoas procedentes de toda a provincia de Pontevedra participaron nesta convocatoria plasmando nas súas obras a súa ollada sobre diversos espazos e lugares do noso territorio cunha diversidade de técnicas e estilos.

As obras gañadoras presentes na exposición son:

Categoría adultos

Primeiro Premio: Sergio González Ribeiro

Segundo Premio: Jose Luis García Miranda

Terceiro Premio: Antonio Abalde

Cuarto Premio: Martina Bugallo

Quinto Premio: Dorinda Garrido

Sexto Premio: Etienne Vigier

Categoría xuvenil

Segundo Premio: Arianna Pazos Masso

Terceiro Premio: Lucia Areal González

Cuarto Premio: Uxía Soto Costas

Categoría infantil:

Primeiro Premio: Olga González González

Amais na exposición están presentes tamén as obras realizadas por Jose Marcos Soto González, David Quinteiro, Alexia Malerba, Mª Jesús Gómez, Uxía Soto Costas e Vanesa Ventiño.