Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta mañá, mércores 1 de febreiro, no seu Café Moderno de Pontevedra ás 10.30 h un novo proxecto expositivo: «Vexo, vexo. Que ves? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación».

Trátase dunha montaxe que xira en torno a idea de que o humor é unha emoción positiva e, porén, unha valiosa ferramenta para denunciar e enfrontar as situacións máis extremas, como a guerra e as inxustizas sociais. Á inauguración asistirán Alba Marinha Souto, coordinadora da mostra; Pedro Feijoo, colaborador da exposición; e

Carmen Pérez, responsable do Servizo Didáctico de Afundación.

Ás 19.00 h haberá unha visita guiada inaugural. A mostra estará aberta ata o 8 de abril.

Asistentes

Alba Marinha Souto, coordinadora da mostra

Pedro Feijoo, colaborador da exposición

Carmen Pérez, responsable do Servizo Didáctico de Afundación