Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará no seu Teatro Afundación de Vigo a V edición da Gala Internacional de Ilusionismo Galicia Magic Fest.

Este espectáculo de maxia poderase ver os días 26 e 27 de decembro, con dúas funcións diarias, ás 17.30 e ás 20.30 h. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Tras o éxito de crítica e público das edicións anteriores, volve o espectáculo máis

máxico deste Nadal con algúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do mundo.

Durante unha hora e cuarto, os asistentes poderán ver en directo os números máis

impactantes e sorprendentes da arte da maxia. Como cada ano, o ilusionista galego

Pedro Volta presenta, dirixe e produce este espectáculo único.

Nesta nova edición os artistas invitados serán Celia Muñoz, Charlie Mag, Arkadio,

Solanges Kardinale, Henry Evans e o propio Pedro Volta.

Celia Muñoz

É a nova revelación artística de Got Talent España na súa última edición conseguindo

pase de ouro e ser a gañadora deste programa grazas ao seu talento como ventrílocua.

Unha arte afín á maxia polo seu carácter de ilusión facéndonos crer que os bonecos

cobran vida propia. No caso de Celia Muñoz súmase o talento de, non soamente falar,

senón de cantar de forma case máxica sen mover os labios.

Charlie Mag

Premio Mandrake de Ouro de París e Campión Europeo (FISM) de maxia xeral, entre

outros moitos galardóns. Tras percorrer o mundo enteiro co seu innovador e

espectacular número con pombas chega desde Barcelona a Vigo este novo e incrible

mago para que quedes coa boca aberta.

Arkadio

Premio Variña de Ouro de Montecarlo, Premio Nacional de Manipulación, entre unha

gran cantidade de premios. Arkadio é pura enerxía e mestría sobre o escenario.

Percorreu unha gran cantidade de países e recentemente estivo en Macao e en Israel.

Na actualidade participou en Got Talent de diferentes países de Europa como

Romanía, Grecia e Portugal. En Galicia Magic Fest vibrarás coa súa maxia chea de forza

e ritmo con grandes ilusións incribles.

Solanges kardinali

Semifinalista de Got Talent España e Portugal, entre outros galardóns en festivais. É

unha das magas máis internacionais na actualidade e é experta na arte máxica dos quick changes (cambios de roupa ultra rápidos e moi máxicos que sorprenden os

espectadores pola súa perfecta execución).

Henry Evans

Gran Premio Mundial de la Magia. Sin duda, es uno de los magos más prestigiosos del

mundo entero. A través de una gran pantalla se podrá disfrutar de los números que

magos del mundo entero admiran por su aparente imposibilidad. Además, conseguirá

que cinco espectadores hagan magia con sus propias manos de forma increíble.

Pedro Volta

(Pontevedra)

Semifinalista de Got Talent España en su quinta edición. Director artístico y promotor

de festivales de magia y creador Galicia Magic Fest. En la actualidad dirige el

espectáculo Hangar 52 Revolution del mago Yunke en Ifema Madrid. Será el conductor

de la Gala Internacional de Galicia que tras la pandemia llega a su quinta edición. Ha

trabajado en proyectos mágicos en países como Estados Unidos, China y Australia.