Este xoves 2 inaugúrase a exposición de cartéis de cineclubes de Brasil,

Portugal e Galicia. Um olhar cineclubista, no marco da mostra Unha Ponte

coa Lusofonía, no Instituto Camões de Vigo.

Abella Producións continúa co proxecto Unha Ponte coa Lusofonía, unha programación cinematográfica coa que está achegando ao Centro Cultural Camões de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil e Galicia.

A mostra trouxo a Vigo producións premiadas como a película brasileira Bacurau, gañadora do Premio do Xurado de Cannes, en 2019, ou Pedro e Inés, o filme máis visto en Portugal no 2019. E na súa última sesión, 9 Fugas de Fon Cortizo e Homeless Home de Alberto Vázquez.

Exposición cineclubes

De xeito paralelo inaugúrase este xoves 2 de decembro no Centro Camões a

exposición de carteis de cineclubes de Brasil, Portugal e Galicia. Os cineclubes,

desde que foron creados en 1920, son unha inportante fonte para la difusiòn del cinema, tanto en Portugal, como en Brasil e Galicia; os cineclubes hoxe contan a historia da resistencia e o amor pola cultura.

A exposición ten por obxectivo exhibir unha serie de carteis de 3 cineclubes:

Mate com Angu, de Duque de Caixas, Brasil; O Porto, da cidade portuguesa

homónima; e o Cineclube Pontevedra, de Galicia. Os carteis constitúen unha

mostra do seu traballo ao longo do tempo, da súa visión cinematográfica e do

contexto cultural no que están inseridos.