Idades recomendada: Para tódolos públicos.
Duración: 50 minutos.
SINOPSE:
Un explosivo espectáculo onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os efectivos produtos do DoutorMilagre.
Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaído? Sen apetito de ningún tipo? Probe os produtos do doutor Milagre. Espumosos champús, elixires revitalizantes, esfoliantes cremas ou inxeccións máxicas Proximamente a súa vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expresso do Doutor Milagre.
Agobiado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna, este atolado medico/inventor toma unha arriscada decisión: facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí.
Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo.