Se nunca fixeches o Camiño, ou xa o fixeches e queres vivir de novo esta experiencia propoñémosche realizar cos guías oficiais de Turismo de Pontevedra un tramo do Camiño Portugués a Santiago de 11 km. que discorre a través do municipio de Pontevedra, no que é considerado como un dos tramos máis bonitos.

Colleremos o autobús na Estación de Pontevedra ata a localidade de Arcade. Desde alí mesmo empezaremos o Camiño.

Percorreremos o histórico e monumental ponte de Ponte Sampaio, pasando ao longo de case 1 km pola zona de Brea Vella da Canicouva antiga calzada romana(Vía XIX). Na parte final desviarémonos polo camiño que segue o curso do Río Gafos unha contorna de gran beleza e riqueza natural para rematar xa na cidade de Pontevedra.

Ademais, en diferentes puntos da etapa contaremos lendas e historias relacionadas co Camiño e o Apóstolo Santiago.

Punto de encontro na porta principal da Estación de autobús de Pontevedra.

Os venres, do 1 de xullo ao 15 de setembro ás 08:45 horas.

+info e reservas en visit-pontevedra.com