Yo soy cenote
Daan Verhoeven, Reino Unido, 2020, 3´
A apneísta Camila Jaber, quen a base de esforzo e disciplina desenvolveu a capacidade de ir ás entrañas da Terra, o mundo acuoso onde todo nace. Trae consigo unha mensaxe importante: a conservación dunha das reservas de auga e do patrimonio cultural máis importantes do mundo.
El silencio de las flores
Julio Mas Alcaraz, España, 2021, 16´
Como todas as mañás, Dania deixa a Ruth na escola e vai cara á súa florería. O que comeza como un día normal na tenda tórnase estraño cando acontece un evento inesperado.
Un vestige
Robin Iff, Francia, 2021, 2´
Francia, 2050. Nunha praia de Normandía, unha nena fai un abraiante descubrimento
Först här (Not until now)
Clara Bodén, Suecia, 2021, 7´
O autor estadounidense Wendell Berry escribiu: A conexión coa terra, coas orixes das comunidades locais e as economías agrícolas, faise cada vez máis abstracta e caracterízase cada vez máis por unha falta de conciencia. Que supón esta falta de conciencia na nosa percepción do bosque?
Monkey Domino
Ulf Grenzer, Alemaña, 2021, 5´
Un mono ten morriña da súa vida na selva. No zoolóxico coñece a un pai e á súa filla, que é unha amente dos animais. O ocupado pai non acouga do traballo a través do móbil e do portátil, mentres que o orangután e a nena divírtense xuntos. Unha cadea de acontecementos vai mudar a súa engailada vida para sempre.
Motvind (Headwind)
Jon Vatne, Noruega, 2021, 13´
Nun penedo azotado polo vento, Birgit libra unha batalla contra os aeroxeradores e polo seu matrimonio e contra Trond, o policía que veu disuadila. Con agarimo, bolo de chocolate e vontade de aceiro, ela desafía ao seu marido nun inesperado duelo .
SESIÓN 2 19:30
Sharing the Land
Ofelia de Pablo y Javier Zurita, España, 2020, 14´
Os lobos foron levados ao borde da extinción nos anos 70. Hoxe a especie estase recuperando lentamente. Pero o conflito entre pastores e lobos continúa.En 2019, máis de 500 lobos ibéricos foron envelenados, aforcados ou expostos como trofeos de caza.
Doñana´s Beating Heart
Ofelia de Pablo y Javier Zurita, España, 2017, 10´
Declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, Doñana alberga unha impresionante variedade de paisaxes e fauna, entre as que se atopa o lince ibérico, a especie felina máis ameazada do mundo e proporciona hábitats para seis millóns de aves migratorias cada ano. Hai só cinco anos o lince ibérico estaba a piques de extinguirse pero hoxe, grazas a un programa de conservación imaxinativo que emprendido por cazadores, agricultores e á industria turística, a súa cifra triplicouse de 94 a 312. As ameazas a este Parque Nacional seguen en todas partes. Doñana podería incluírse na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo da UNESCO a menos que se tomen medidas inmediatas contra as múltiples ameazas para o humidal. Esta é a historia dos que están dando a súa vida para axudar a protexer o parque
Nowhere
Tor Einar Gudmestad, Noruega, 2021, 11´
Nowhere é unha viaxe meditativa pola paisaxe relaxante da natureza e a realidade caótica da humanidade en busca da épica beleza e crúa realidade. O filmes está musicalizado polo trío de jazz Past Present & Tortusa.
The Burning life of Burney
Maurine Fauvert, Noelina Faury, Jordan Placé, Benjamin Makki, Benjamin Gachot, Samuel Besseau, Thomas Langlois, Marjorie Sautel, Francia, 2021, 6´
Barney, unha bolsa de plástico ansiosa por ter unha nova vida, parte en busca dun camión de reciclaxe, pero as rúas da cidade van ser despiadadas con el.
Blue moon
Vytautas Kazlauskas, Lituania, 2021, 9´
A alegórica viaxe dunha balea polo espazo, revivindo a súa vida, que sorprendentemente, se asemella á nosa.