Proxección de "The Bigamist" (Ida Lupino, 1953, EE UU, 83′, VOSG), nunha nova sesión dos luns de filmoteca organizados polo Cineclube Pontevedra en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia.

Lingua orixinal: inglés

……

Harry Graham (Edmon O'Brien) é un comercial de San Francisco que acode a unha cita canda a súa esposa (Jean Fontaine) para solicitar a adopción dun bebé. Ao realizárense as preceptivas investigacións sobre a parella, o señor Jordan, responsable da axencia de adopción, sospeita que o marido ten algo que ocultar. Logo descubrirá que está casado nos Ánxeles, onde ten un fillo con outra muller (Ida Lupino). Jordan asistirá estupefacto ao relato de Harry sobre como chegou á devandita situación: un relato fresco, áxil, de trasfondo complexo e inusual modernidade que afonda con impecable ritmo na moral americana.

……

O CINECLUBE LÉMBRAVOS QUE:

A billeteira do Teatro Principal estará aberta todos os días de sesión dende as sete e media.

O aforo continúa reducido até novo aviso a sesenta persoas, con posibilidade de agrupar conviventes de dous en dous.

O uso de máscara é obrigatorio durante as sesións.

As portas do Teatro estarán abertas dende as 20 h para garantir unha entrada do público segura e escalonada.

Por seguridade e por respecto ás demais, unha vez comezado o filme non se permitirá a entrada, polo que pregamos puntualidade.