A Biblioteca Municipal de Tui acollerá este mércores, 10 de maio, ás 20:00 h, a presentación do libro “Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Paramos”.

Esta actividade forma parte do programa “#TuienLetras” que promove a concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra.