Soga e Cinsa, tríptico renacentista para 11 bruxas en 92 minutos, aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII, co obxecto de visualizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista. Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen en escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.

Xénero: teatro contemporáneo Dirección e dramaturxia: Diana Mera Interpretación: Nerea Brey, Sonsoles Cordón, María Costas, Diana Mera, Raquel Oitavén, Marta Pérez, Merche Pérez, Rosa Puga Davila, María Roja, Nuria Sotelo, María Tasende Espazo e vestiario: Montse Piñeiro Iluminación: Montse Piñeiro e Del Ruíz Son: Francisco Gallardo