Teatro do Atlántico presenta no Teatro Municipal de Tui a traxicomedia "Dúas donas que bailan".

Nesta derradeira peza dramática de Josep Mª Benet i Jornet compartimos os soños e os fracasos de dúas mulleres, nunha intensa viaxe, tan divertida coma conmovedora, que con ironía e dureza tentan defenderse dos embates da sociedade.

Unha muller maior, viúva, soña con viaxar a París, pero négase a abandoar o piso pese a presión dos seus fillos e do propietario. A filla contrata a unha muller para as tarefas domésticas, presenza que non é ben recibida e cada xornada convértese nun "toma e daca" que evoluciona a cada instalante.

Autor: Josep Mª Benet i Jornet

Tradución: Aleixandre Lago

Dramaturxia e Dirección Xúlio Lago

Elenco: María Barcala e María Ángeles Iglesias

Espazo escénico: Antonio F. Simón

Vestiario: Susa Porto

Deseño de Iluminación: Xúlio Lago e Antonio F.Simón

Fotografía, deseño cartel e grafismo: Tino Viz e Margen