Estreno mundial:

Cun fondo claramente antibelicista e de defensa da beleza, a realización escénica xira ao redor dunha idea: a necesidade de que existan seres que coiden deste maltreito mundo. A peza recrea as figuras: anxo, pallaso e soldado. A primeira delas dende unha perspectiva alegórica da bondade, a segunda como xogo retórico e esperpéntico do propio teatro e a terceira como vítima da violencia exercida -mesmo cando non hai vontade real-.A obra ten un formato próximo ao circense na súa estrutura fragmentaria e na visibilidade do presente absoluto. A terra azul que tingue o espazo, unhas ás xigantes que se despregan, ou o material escultórico e audiovisual que percorre o tempo da representación, dan forma a unha peza que busca no ritmo e na música o seu mellor aliado.

Xénero: teatro contemporáneo Autoría, dirección, escenografía, deseño de iluminación e vestiario: Julio Fernández Peláez Deseño de son e música: Roberto García de Mesa Elenco artístico: Xosé Manuel Esperante Dávila e Julio Fernández Peláez