Proxección de 'Sombras no paraíso' (Aki Kaurismäki, 1986, 70 min., VOSE), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Nikander conduce un camión do lixo en Helsinki. Ten un emprego do que se sente orgulloso e que lle asegura certa consideración. Durante toda a súa vida non leu máis ca tebeos e ninguén lle dixo que debería intentar prosperar. Con inocencia, atravesa este mundo hostil. Mais a súa situación muda cando coñece a Ilona, que traballa como caixeira nun supermercado.

PROGRAMACIÓN MAIO 2021

A triloxía «proletaria» ou «da clase traballadora», do director finlandés Aki Kaurismäki, composta polos seus filmes Sombras no paraíso, Ariel e A rapaza da fábrica de mistos, será a protagonista dos martes de cineclube durante o mes de maio.

Botan a andar tamén as sesións de filmoteca grazas ao convenio que veñen de asinar Cineclube Pontevedra e Agadic, o cal permitirá, un ano máis, achegar parte da programación do CGAI-Filmoteca de Galicia ao Teatro Principal de Pontevedra. Os dous luns previstos este mes dedicaránselle ao director chinés Wong Kar-wai, cuxa obra Desexando amar foi volveu ás salas este mesmo ano co gallo do 20 aniversario da súa estrea.