Unha das salas de exposición do MARCO acollerá as propostas de Multiplensemble e Marta Verde & José Venditti. A primeira das actuacións, baixo o título Plasma, chegará da man de Rafael Yebra no saxofón e do vigués Pedro González no violín e electrónica. O dúo combinará as posibilidades que ofrece a electrónica e videocreación como mostra do panorama que se está a cocer na actualidade musical de nova creación. De seguido, será a quenda de OMEN, a performance de artes visuais ao vivo que ofrecerán Marta Verde e José Venditti. O proxecto parte da idea do presaxio ou augurio (Omen), coa intención de achegar ao público, a través dos límites entre melodía e ruído, a posibilidade de imaxinar outros mundos posibles a través da abstracción sonora e visual.

Plasma, de Multiplensemble: Rafael Yebra (saxofón) e Pedro González (violín + electrónica)

• Plastic air, de Igor Silva. Dúo flexible, electronica e vídeo.

• Weapon of choice, de Alexander Schubert. Violín, sensor, electronica e vídeo

• Livro de Areia, de Ramón Otero. Saxofón tenor, violín, electrónica.

• Rhino, de Panayotis Kokoras. Saxofón barítono e electrónica.

• Plasma, de Pedro González. dúo flexible e electrónica.