Ajidanha (Portugal) presenta o espectáculo "Semente – O homem que plantava árvores", dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal.

Baseado nunha historia real.

"O homem que plantava árvores" é unha historia inesquecíbel sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo. Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do sítio onde vive un lugar especial.. É unha historia admirabel que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando só os seus propios medios, consegue reforestar só unha das rexións mais inospitas e áridas de Francia.

A partir de "O homem que plantava arvores" de Jean Giono.

Teatro de actor

Duración: 45 minutos

Público: +8 anos

Dous pases: 12:00 e 18:30 h.

Por favor, achégate ao teatro con antelación (30 min) para evitar aglomeracións e acceder as túas localidades con seguridade. Butacas numeradas.