Na ludoteca, mediante o xogo e diferentes dinámicas, imos aprender sobre dereitos e deberes, e tamén sobre a importancia de defendelos e respectalos.

Xoves 19: COCIÑANDO OS DEREITOS (obradoiro de plastilina).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).