PRODUCIÓN E XESTIÓN, DE AFICIÓN A OCUPACIÓN

Edu Romero

Auditorio Martin Códax

Edu Romero naceu en 1981 en Vigo, e é socio fundador de Coconut producciones (2007) e de R Música Djs (2013) así como baixista de Isius e Nadadora.

Coconut Producciones nace coa intención de dinamizar a escena musical en Galicia, con propostas de calidade, diferentes e atractivas: ciclos como ConCierto Sentido, festivais como Voces Femeninas ou Sonora; mais tamén ten xestionado concertos da Universidade de Vigo ou La Iguana Club, editado referencias como selo discográfico, e levado a contratación e management de artistas locais e internacionais como Nico Pastoriza ou Emmy the Great.

R Música Djs é unha empresa especializada no sector nupcial, mais adicada a todo tipo de eventos para clientes como o R.C. Celta de Vigo, Atlantic Fest, Final Copa Libertadores...

Na súa ponencia, Edu compartirá o seu coñecemento no sector baseándose na súa experiencia.