SAÍR DA CASCA: do Conservatorio aos novos retos musicais do S. XXI

Brais González

Auditorio Martin Códax

Brais González (Vigo, 1987) estudiou na Universidade Mozarteum de Salzburgo con Rolf Plagge, complementando a súa formación nos Conservatorios de Vigo e Oviedo. Foi premiado, entre outros, no Concurso Internacional Ciudad de San Sebastián, o Concurso Internacional Cidade de Ferrol, o Concurso Ricard Viñes de Lleida ou o IV Concours International Nikolaï Rubinstein de París.

Actuou como solista e músico de cámara nunha vintena de países europeos. Como compositor, as súas obras foron interpretadas en importantes salas do continente, como Conde Duque (Madrid), KUMU (Estonia), Baltais Fligelis (Letonia), ou Flux (Budapest). En 2013 fundou o grupo de música de cine mudo Caspervek co que realizou máis de 200 conciertos por todo o continente. En 2016 comezou xunto a musicóloga Erea Carbajales o podcast de divulgación musical Anónimo IV, que acumula xa 4 temporadas e un centenar de episodios. En 2019 fundou xunto á cellista Julia Caro e a violista Clara Mascaró o Trio Bórea, centrado na interrelación entre a música de cámara e as novas tecnoloxías.

Nesta ponencia Brais plantexará cómo afrontar o salto do ámbito educativo ao panorama laboral musical na actualidade.