A Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá o xoves, 29 de outubro, ás 18.30 h unha charla titulada "Seguridade e saúde en obras de construción menores". Está organizada pola Fundación Laboral da Construción, a través do Organismo Paritario de Prevención en Construción (OPPC), coa colaboración do Concello de Tui. Esta actividade forma parte dun ciclo de conferencias relativas a seguridade e saúde laboral en obras menores. A conferencia vai dirixida a promotores, contratistas, xestores de comunidades de propietarios e profesionais independentes que actúan no ámbito deste tipo de proxectos.

A importancia deste tipo de actividade radica no feito de que en moitas ocasións os actores deste tipo de intervención descoñecen as obrigas e responsabilidades que a lei determina e sofre unha exposición a responsabilidade innecesaria. Tamén procura mellorar as condicións de seguridade e saúde laboral deste tipo de obras de construción.

Debido ás medidas de aforo debido á COVID 19 as persoas interesadas en acudir á charla deben inscribirse no correo electrónico cfo@tui.gal ou no teléfono 986 60 39 49 de 9:00 a 14:00 h.