"Memoria da Melancolía" é o título do concerto que o músico e investigador tudense Samuel Diz ofrecerá este venres, 16 de outubro, ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui. Será a estrea do seu novo traballo discográfico que interpretará cunha réplica da guitarra de Federico García Lorca. O concerto estaba previsto par ao mes de marzo pero tivo que ser suspendido debido á pandemia da COVID 19

"Memoria da Melancolía" o traballo discográfico que Samuel Diz presenta en concerto no teatro tudense "é un proxecto concibido dende unha óptica coral, dende unha óptica social e participativa" que parte das memorias autobiográficas de María Teresa León, a quen rende homenaxe. Está formado por 15 temas de Gustavo Durán, Emiliana de Zubeldía, Baltasar Samper, Regino Saínz de la Maz, Adolfo Salazar, Manuel de Falla ou Carlos Guastavino.