O xoves 5 de novembro ás 17.30h saída cultural ao Museo Marco, para coñecer da man de CELESTE GARRIDO a súa obra, seguida dunha actividade relacionada coa exposición.

CELESTE GARRIDO ten unha ampla traxectoria en proxectos teóricos e expositivos moi relacionados coa identidade e cuestións de xénero. Comprometida como artista e como muller, os seus proxectos desenvólvense dende unha óptica feminista e un posicionamento crítico, formulando propostas que apelan á espectadora ou o espectador e a/o fan cómplice dese compromiso.

AFORO LIMITADO!

INSCRICIÓNS: 986 22 23 28 - 670 45 34 31