A Casa do Conde, edificio histórico de Salvaterra de Miño, acollerá nos vindeiros días a exposición itinerante "Rio Minho-Memorias Transfronteirizas", un proxecto froito da colaboración administrativa entre os municipios do baixo e alto Miño, España e Portugal.

Esta iniciativa pretende por en valor o gran potencial turístico do territorio transfronteirizo así como destacar a gran riqueza natural, cultural e patrimonial da zona. O río Miño érguese, neste caso, coma un destino ecoturístico vertebrador da cultura e coma un recurso de referencia nacional internacional.

A Estratexia de Cooperación intelixente para o Río Miño Transfronteirizo - SMART MIÑO é un

proxecto da Deputación de Pontevedra (beneficiario principal), a Comunidade Intermunicipal Alto Minho, a Fundación Centro de Estudos Eurorexionais e a A grupación Europea de Cooperación Transfronteiriza Rio Minho (AECT Rio Minho), cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A exposición Rio Minho-Memorias Transfronteirizas está producida pola CIM Alto Minho, en colaboración cos socios AECT Rio Minho e Deputación de Pontevedra.

Esta exposición recorreu os seguintes concellos e cámaras fronteirizas:

-Tui 21/07 a 07/08 > Anexo a Sala Municipal de Exposicións

- Melgaço 12/08 a 26/08 > Casa da Cultura

- Tomiño 29/08 a 13/09 > Mercado de Tomiño

- Caminha 18/09 a 05/10 > Museo Municipal de Caminha

- A Guarda 9/10 a 20/10 > Hall da Casa dos Alonso

- Monção 15/12 a 10/01 > Biblioteca Municipal

Nesta exposición os visitantes poderán contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos, reflectindo os valores ecolóxicos e patrimoniais do Miño e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais.

A exposición itinerante estará en Salvaterra de Miño dende o venres 23 de abril ata o domingo 2 de maio, no edificio histórico da Casa do Conde, dentro da Fortaleza, nos días venres 23 de abril, sábado 24 de abril, domingo 25 de abril e venres 30 de abril. No mes de maio estará aberta os días sábado 1 e domingo 2.

O horario de aperturá será, nos días sinalados, de 11h a 14h e de 17h a 19h. A entrada é de balde.